viernes, 29 de abril de 2016

OS MAIOS

Bos días familias! Os alumnos de segundo elaboramos, na clase de lingua galega, unhas coplas para cantar na festa dos Maios.
A verdade é que resultou unha clase moi divertida, pero o mellor de todo foi cantalas no "patio de pedras" aos pais que estaban alí presentes. Mirade qué artistas!


No cole Santo Ángel
Temos un castelo,
Un xardín con pozo
E un limoeiro.

Temos unha festa
Que se celebra en maio
Sae todo o mundo
A pasear polo barrio.

Tamén se visita
Á virxe de Fátima,
Levámoslle flores
E dámoslle as grazas.

Xa estamos en maio
Os nenos cantando
Todos felices
Comendo perdices.

Este é o maio
Todo decorado,
Fixémolo entre todos
Moi acalorados.

Imos Xacobe,
Érguete xa!
Hoxe hai unha festa
Temos que marchar.

A festa dos maios
Mola moito,
Gústanos comer
Torta de amorodos.

É un día de festa,
Comemos sen presa.
Dixeron meus pais
Que non comera máis.

A festa dos maios
É moi divertida
Canta comigo
Esta poesía!

Ahí ven o maio!
Todo lixeiriño
Ven cantando ledo
E esperta aos paxariños.

O maio é divertido!
Ven cantar comigo,
Trae algún amigo
Que atopes no camiño.

En primavera
Todo é bonito
Hai moitas flores
E todo está limpito.

No mes de maio
Hai maios bonitos,
Que os nenos e nenas
Decoran con cariño.

Maruxa a bruxa
Chegou á festa,
Non trae a vasoira,
Que trae unha cesta!

 A festa dos maios
É moi divertida
Dixo a profe Marta
Que lle doía a barriga.

A nosa mestra
É moi esixente
Pero polo menos
Lévase coa xente.

                                  Os nenos de 2º                                     
Fixemos estas coplas
Na clase de lingua
Coas nosas titoras.

Xa rematamos
Estas poesías
Adeus a todos

E moitas graciñas.
video




video